Cariño entregará máscaras reuitilizables aos nenos de 3 a 14 anos

O Concello tamén contempla entregar material de protección aos pais ou titores dos menores
Mascarillas infantiles (2) (002)

O Concello de Cariño repartirá a próxima semana máscaras reutilizables para todos os nenos e nenas do municipio. Están fabricadas con material homologado e da súa elaboración encárganse diversos colectivos da comarca. As máscaras terán diferentes tallas e entregaranse aos nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. O alcalde, José Miguel Alonso Pumar, confirmou que una vez recibido o cargamento estudarase a loxística do reparto.

Paralelamente, a asociación de Patchwork de Cariño fixo outra entrega de máscaras ás que o Concello está a incorporarlles un filtro de Tecido non Tecido (TNT), o material recomendado polo Goberno, e que servirán para que, no momento no que se faga a repartición das máscaras infantís, tamén se lles entregue unha máscara a maiores a un dos titores para que poidan usala ao saír á rúa cos seus fillos.

Doutra banda, tras realizarse diferentes reparticións de material como pantallas e máscaras aos colectivos que non cesaron da súa actividade durante o Estado de Alarma (supermercados, farmacias). Alonso Pumar informou de que “o Concello tratará de estender esa medida ao resto de colectivos que se están incorporando á actividade laboral”.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.