Os nenos de ata catorce anos poderán saír unha hora diaria á rúa, desde as nove da mañá e ata as nove da noite, a partir de mañá domingo, acompañados dun adulto, a un máximo dun quilómetro das súas casas e cos seus propios xoguetes, pero non poderán ir ao parque.
Para controlar que se cumpran estas medidas sobre os paseos, o Goberno apelou ao sentido común dos cidadáns. Con todo, aqueles que estean preocupados por non distanciarse máis dun quilómetro poderán controlalo a través de aplicacións para o móbil.
Unha delas é a desenvolvida recentemente por Geomatico, que recibe o nome 1km.geomatico.es. A web permite calcular ata onde se pode saír a pasear. Ao entrar na plataforma hai que indicar a dirección da vivenda e esperar a que a ferramenta faga o resto.
O establecido polo Executivo contempla que eses paseos sexan de máximo unha hora ao día e que sexan entre as nove da mañá e as nove da noite e respectando as medidas de distanciamento con outros nenos.