Ambiente e algunhas dúbidas no primeiro día de desconfinamento infantil

Patinetes, balóns, bicicletas e carriños con bonecas acapararon os espazos públicos
DSC_2169

Hoxe non foi un domingo máis de estado de alarma nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. As rúas e prazas dos municipios asemellábanse máis a un 6 de enero que a un 26 de abril. Os patinetes, os balóns, as bicicletas, os triciclos e os carriños das bonecas acapararon os espazos públicos de tódolos concellos.

Este primeiro paso de cara a recuperar a normalidade da vida cotiá fíxose cumprindo, na meirande parte dos casos, as restriccións impostas polo Ministerio de Sanidade. Un pai con tres fillos como máximo, respetando as distancias de seguridade e sen acceso aos parques infatís, que aínda permanecen pechados. En Ferrol, segundo informou o Concello, non se dispuxo ningún protocolo especial de seguridade para comprobar se as familias facían o desconfinamento cumprindo con algunas das outras normas impostas, como facelo nun radio dun kilómetro dende o domicilio.

Coas dúbidas habituais nestas situacións de excepcionalidade, os nenos tiñan moi ben aprendida a lección: «Non podemos xogar moito xuntos aínda, é mellor que xoguemos sós pola plaza», explicaba Andrea, de 8 anos, mentres rodaba co patín polo Cantón de Molins. En Ferrol, a zona de Amboaxe, a plaza do Inferniño, o Cantón, o parque Raíña Sofía e as rúas da Magdalena foron os principais focos de xogos e paseos matutinos. Como anécdota, a petición dalgún neno que lle preguntaba ao seu pai podían voltar xa para casa porque levaban «moito tempo fora».

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.