Case 1.500 alumnos das comarcas participan no Día da Educación Física de forma virtual

O obxectivo é promover os valores da actividade física e reclamar máis horas lectivas a esta materia no sistema educativo
88424894_2846513985468989_7725521373698719744_o

Preto de 1.500 alumnos e alumnas de oito colexios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal participarán hoxe no Día da Educación Física na Rúa, ainda que o farán, debido as restriccións da crise sanitaria, dende as súas casas. Cada ano, dende o 2011, por estas datas, milleiros de nenos e nenas saen as rúas para festexar este día de actividade física ao aire libre e este ano faranno de maneira virtual.

A iniciativa, coordinada polo Colexio Profesional de Educación Física e Deporte de Galicia cos mestres de cada centro, propón que cada alumno mande un vídeo facendo exercicio dende a súa casa. O obxectivo é mostrar a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral dos nenos, transmitir os valores de esforzo, autosuperación e cooperación da actividade física e promover a necesidade dun aumento de horas de Educación Física no sistema educativo.

Nas comarcas, serán un total de oito centros os que participen nesta edición virtual. O CPR Jesús Maestro con 255 alumnos, o Colexio Tirso de Molina con 350, o CPR Jorge Juan 250, o CPR Plurilingue Valle Inclán con 185, o Colegio Hijas de Cristo Rey con 10, o CIP San Ramón con 60, CPI Plurilingüe Virxe da Vela 135 e o Ceip San Xoán de Filgueira con 160 nenos e nenas. Os vídeos poderanse ver nas redes sociais baixo o hashtag #DEFR2020 e #DEFC2020.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.