Enfoques vén de poñer en marcha un novo proxecto dixital co que pretende revitalizar o consumo nos pequenos comercios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Trátase da plataforma ApoiaoComercioLocal.gal, que busca convertirse nun mercado virtual para os pequenos negocios dos vinte concellos da zona e servir de soporte para o salto dixital de moitos deles.
A nova realidade que imporá a crise sanitaria do coronavirus fai imprescindible que o comercio local se adapte ás novas cincurstancias e teña presenza en Internet. Isto non só permitirá aos pequenos comerciantes das nosas vilas chegar a un maior número de potenciais clientes, senón que os preparará para outras situacións de excepcionalidade como as que estamos a vivir. Hoxe en día, coas actuáis imposicións do estado de alarma, son as ventas on-line as que están a salvar a facturación mensual de moitos negocios e o que suporá que podan seguir abertos ou teñan que pechar.
Esta plataforma de comercio electrónico non só permitirá aos comercios locais vender directamente os produtos, senón que tamén poderán vender bonos para ser canxeados máis adelante por productos. Isto permitirá aos pequenos negocios dispor de liquidez nestes momentos de crise.
O obxectivo de Enfoques, que pon en marcha este proxecto de forma altruista, é fortalecer ao comercio local, de barrio, de proximidade e lograr tecer un pequeno mercado de abastos virtual entre os vinte concellos destas tres comarcas.