A expansión do coronavirus (COVID-19), e as advertencias do goberno que adiantan que que este verán será un tempo moi incerto para viaxar, están a provocar a cancelación de incontabeis viaxes de lecer que xa foran reservadas para este verán, así coma viaxes académicas ou de fin de curso en colexios e institutos de toda Galicia.
A suspensión destas excursións provocou o caos, tanto nas axencias que as programaron, como nas persoas que xa adiantaran gran parte do custo da súa viaxe, así como nas asociacións de páis de alumnos, provocando episodios de crispación e importantes perdas económicas.
E o certo é que as axencias de viaxes rexistran “avalanchas” de persoas que queren cancelar as vacacións por mor do coronavirus e nesta situación pronto comezaron a expresar que terían que pechar as portas, iniciando procesos de bancarrota, se os clientes esixían inmediatamente a devolución do cartos adiantados para estas viaxes.
Ante esta situación, o Goberno viuse obrigado a prever no Real Decreto Lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se toman medidas urxentes para facer fronte a COVID-19, que no caso dos contratos combinados de viaxes canceladas por COVID-19, as axencias de viaxes poderán entregarlle ao cliente un bonus para que o utilicen dentro dun ano dende o final da vixencia do estado de alarma, por un importe igual á devolución que lle correspondería, pero engade unha garantía esencial para iso, e é que debe ter o apoio financeiro suficiente para garantir a súa execución, é dicir, a axencia debe contar cunha garantía que xustifique que poderá prestar ese servizo cando o cliente esixa finalmente realizar a viaxe. Segundo este Real Decreto Lei 11/2020, só despois do período de validez do bono sen ter sido utilizado, o consumidor poderá solicitar o reembolso íntegro de calquera pago realizado.
Pero, ¿que ocorre cando o cliente non quere ese bono e demanda a resolución inmediata do contrato e a devolución das cantidades pagadas?
En primeiro lugar, o prazo para solicitar esta resolución será de 14 días. Neste caso, está previsto que o organizador, ou se é o caso o minorista, debará proceder a reembolsar estas cantidades ós consumidores e usuarios sempre que os prestadores de servizos incluídos no contrato de viaxe combinado (compañía aérea, compañía hoteleira, espectáculos contratados …) devolveran o importe total correspondente aos seus servizos; pero se o importe devolto fose parcial, o consumidor ou usuario só terá dereito a devolución parcial nun prazo non superior a 60 días dende a data de rescisión do contrato ou daquel en que os prestadores de servizos procederon á súa devolución.
Nesta situación, o meu consello profesional é comprobar primeiro se teñen un seguro de cancelación que deba cubrir esta situación. De non ser así, e non están satisfeitos de que se lles dea un vale polo importe total pagado para viaxar despois (sempre claro coas garantías debidas), e recuperando os cartos ao ano se non viaxaron, deberán proceder dentro do prazo de 14 días a comunicar á axencia de viaxes ou organizadora a rescisión do contrato, requiríndolle a restitución de todos os importes pagados ata a data e advertíndolles de que no caso de que algún dos proveedores de servizos non procedesen á devolución das cantidades que se lles pagaron no seu nome, deberán devolver a cantidade recuperada e indicarlles expresamente que provedor rexeitou a devolución e en que cantidade, entendendo que será o responsable de solicitar a resolución e restitución dos importes correspondentes.
Así mesmo, e para este último suposto, en tanto que reclaman a diferenza entre o que se paga e o que se recupera, entendo que o importe deberá ser compensado cunha bonificación que poderá empregarse dentro dun ano desde o final do estado de alarma, bono do que tamén poderán solicitar o reembolso unha vez transcorrido o seu período de validez se non se utilizou. Non obstante o anterior, de acordo co Real Decreto de referencia, a miña recomendación é indicar que se está aberto a outras alternativas á restitución inmediata das cantidades detalladas con opcións que se valorarán para compensar a situación actual, e que en todo caso o consumidor debe aceptar expresamente para ser consideradas válidas.
En calquera caso, á hora de decidir por que opción inclinámonos, especialmente nestes tempos nos que a contratación de viaxes en liña é común, debe ser tida en conta e coñecida polo consumidor a dirección da axencia ou organizadora da viaxe, xa que se fose necesario presentar unha demanda xudicial, este tipo de demandas adoitan presentarse ante os xulgados do domicilio da axencia demandada.
Elisa María Lago Moire. Avogada Colexiada 3717 ICACOR.
Discussion about this post