A mestra, escritora e inventora Ángela Ruiz Robles, leonesa de nacemento e ferrolá de adopción, foi unha muller adiantada ao seu tempo en moitos aspectos. Chegou a Ferrol con 23 anos para traballar de mestra en Santa Uxía de Mandiá, implicándose na aprendizaxe do seu alumanado e axudando tamén aos pais a ler e a escribir. Pero o seu ánimo innovador levouna máis lonxe e, un tempo dospois, inciouse nun proxecto revolucionario que poñería as bases de moitos dos aparellos que usamos hoxe en día: creo un libro mecánico, o precursor do libro electrónico.
A figura de Doña Angeliña, como a chamaban os seus alumnos, foi digna dunha novela ou dunha biografía, pero durante moitos anos caeu no olvido. Sen embargo, chamou a atención doutra escritora ferrolá, Arantxa Serantes, que quixo render tributo a esta muller vangardista e, por extensión, a moitas outras. “Cando coñecín a historia de Ángela Ruiz, sentín a necesidade de dar a coñecer e divulgar non só a súa figura, senón a de outras tantas mulleres que no seu día non tiveron este recoñecemento, sobre todo no campo STEM (STEM é o acrónimo dos termos en inglés Science, Technology, Engineering and Mathematics).
Gracias á Lela Edicións, logrou poñer en marcha o libro titulado “O valor das ideas: a precursora do libro electrónico. Pequena biografía de Ángela Ruiz Robles”, unha obra dirixa aos máis novos e que pretende pór en valor a labor pedagóxica e científica de moitas mulleres que non tiveron tal recoñecemento. O libro conta, ademáis, con material interactivo a través duns códigos QR, unha carta da bisnieta da inventora, vocabulario e bibliografía, redes sociais e unha web dedicada ao libro, que se irá ampliando con material didáctico e multimedia.
Na súa labor divulgadora, Arantxa Serantes xa recorreu boa parte da comarca realizando contacontos infantís para dar a coñercer o seu libro e, sobre todo, a pegada da mestra Ángela Ruiz. “Cando esta situación remate, esperamos volver a poder retomalos e seguir percorrendo da mán de Ángela moitos colexios e escolas das comarcas de Ferrolterra”, explica a autora ferrolá.
Discussion about this post