Varias rúas e estradas de Ferrol cortaranse ao tráfico para ampliar a zona peonil

A concellería de Seguridade estudou durante a fin de semana qué vías estaban más concorridas polos viandantes
DSC_2270

Tras o levantamento dalgunhas restricións á circulación de persoas, que se viñan mantendo para combater a epidemia de covid-19, o Concello de Ferrol ampliará a superficie destinada aos viandantes en varias rúas para que poidan realizar actividade física non profesional. Durante esta fin de semana, o departamento de Seguridade analizou en qué puntos do casco urbano se rexistraba unha maior afluencia de veciños para camiñar ou facer deporte, e detectouse a conveniencia de ampliar a superficie destinada a tal fin en varias localizacións.

Así, decidiuse pechar ao tráfico a avenida do Mar, entre a glorieta do Conservatorio e a baixada da avenida de Castelao; a estrada da Feira de Mostras, dende a glorieta do campo de fútbol ata a da avenida do 19 de Febreiro, e varias rúas do barrio da Magdalena, no que se creará un perímetro destinado aos viandantes e que estará delimitado polas interseccións de Sol con Carmen, Coruña e Sánchez Barcaiztegui; as de Igrexa con Rubalcava e Concepción Arenal; a de Méndez Núñez con Magdalena, e a de Real con Arce.

Trátase dunha medida flexible que non estará restrinxida unicamente ás franxas horarias ás que fai referencia a orde ministerial. Terase en conta en cada momento a necesidade de levala a cabo, en función do volume de usuarios que se detecte ou se prevea. Ademais, podería aplicarse en outros espazos públicos da cidade segundo se vaia comprobando a conveniencia de facelo así, explicaron dende o Concello de Ferrol.

Relacionadas