Nova xornada de descenso dos casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Ferrol. Os últimos datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública sitúan o número actual de infectados por coronavirus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal en 128 persoas, doce menos que onte.
Tamén se reducieron considerablemente o número de hospitalizados no Arquitecto Marcide, onde a día de hoxe hai 6 persoas ingresadas e 3 en UCI cun diagnóstico máis grave. O resto de casos activos, 119, atópanse nos seus domicilios baixo vixilancia telefónica.
Isto supón que xa son 369 persoas as que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica: ben porque os test PCR deron negativo ou porque, sen realizar o test, hai máis de 14 días que non presentan síntomas compatibles co Covid-19. Ao número de casos activos habería que sumarlle os máis de 25 casos rexistrados nas residencias de maiores das comarcas. Os principais focos atópanse en Ferrol, Narón e Pontedeume.
Respeto das vítimas mortais, contabilízanse un total de 31 falecidos. Tres das mortes producíronse en centros da terceira idade e os restantes 28 nos centros hospitalarios de Ferrol.