Os xulgados de Ferrol finalizan máis de 400 casos durante o estado de alarma

O TSXG recomendou o pasado 24 de abril levantar a paralización das notificacións
Juzgados de Ferrol
Juzgados de Ferrol

Os xulgados de Ferrol notificaron entre o 14 de marzo e o 28 de abril 426 resolucións que poñen fin a procedementos en curso. En total, o órgano xudicial da comunidade autónoma notificou durante ese período 149 sentenzas, 57 autos e 40 decretos, todos eles de conclusión de casos. Ademais, remitiron ás partes interesadas 180 providencias. Pola súa banda, os xulgados de Ortigueira, notificoron un total de 113 resolucións: 9 sentenzas, 20 autos, 3 decretos e 81 provindencias.

A suspensión, desde o 16 de marzo, das actuacións xudiciais non urxentes nos órganos da comunidade, así como dos prazos procesuais, provocou durante os primeiros días de vixencia do estado de alarma unha paralización nas notificacións. Con todo, o pasado 24 de abril a Comisión de Seguimento da crise sanitaria COVID-19 do TSXG recomendou que os xulgados e tribunais galegos notificasen as resolucións ditadas en todos os procesos en curso.

O levantamento das limitacións á presentación de escritos por medios telemáticos por parte do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) permitiu unha maior tramitación de procedementos xudiciais. Por iso, a Comisión entendeu que é conveniente que se notifiquen todas as resolucións que xuíces e xuízas puxeron durante estas semanas, tal e como solicitaron os presidentes dos consellos de avogados e procuradores.

Relacionadas