As alfombras florais de Ares tamén se pospoñen ata xuño de 2021

É a primeira vez que este evento de interese turístico se cancela en máis de 40 anos de tradición
34439593_250248802189595_1768018953776398336_n

Outro evento multitudinario que se cae do calendario. A organización das Alfombras Florais de Ares acaba de anunciar a cancelación do evento para este ano, que estaba previsto que tivera lugar entre o 13 e 14 de xuño, coincidindo coa celebración do Corpus Christi.

A situación de crise sanitaria provocada polo Covid-19 obriga aos organizadores a tomar esta «decisión sen precedentes» nos case 40 anos que se leva desenvolvendo esta tradición aresá convertida en Festa de interese turístico de Galicia dende o ano 2011.

Unha das características principais do evento é o contacto social, tanto por parte dos milleiros de asistentes como dos centos de voluntarios e veciños que preparan as alfombras cortando e colocando as frores nas rúas ou debuxando as filigranas no chan. Unha actividade «imposible de realizar» coas condicións previstas para mediados de xuño, segundo explican os organizadores, que xa pensan na edición do próximo ano.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.