A sección sindical de CCOO en Navantia fixo hoxe un chamamento de urxencia ante a «situación de pesimismo» que se respira en torno ao estaleiro público e á incapacidade da empresa de «reactivarse con certa axilidade». Desde o sindicato advirten de que a actual crise socieconómica pode favorecer, aínda máis, un sistema de subscontratacións masivas que acabe por baleirar as capacidades constructivas da antiga Bazán. Comisións Obreiras considera que nos últimos anos Navantia plegouse «ante as direccións das empresas auxiliares unicamente para contentar aos gobernantes de turno e as súas políticas contra todo o público, pero importando pouco as xentes, as comarcas e o facer industrial dunha historia que se remonta a 1750».
Aseguran desde CCOO que o plantel de Navantia quedou «reducido ao mínimo», de tal xeito que ningunha das unidades produtivas de Ferrol —factoría naval, departamento de reparacións e a fábrica de turbinas— dispón dos recursos necesarios como para acometer por sí mesmas as obras que se presenten. «Puxeron a nosa fábrica a merced doutras empresas que nos arrebataron o noso coñecemento», denuncia o sindicato.
Respecto da actual radiografía do estaleiro, o sindicato explica que a área técnica «quedou sen especialistas nas diferentes partes e sistemas do buque» e que agora é «imprescindible subcontratar o traballo a outras empresas cuxos traballadores se formaron en Navantia». A sección sindical de CCOO describe o actual estaleiro como «un grupo de talleres onde as empresas privadas campan ás súas anchas con plantillas tremendamente volátiles».
O departamento de Reparacións, que foi no seu tempo un dos máis importantes do mundo, é agora «a máis imprevisible das áreas». Apuntan desde o sindicato que hoxe en día «non entran buques a reparar cando se estropean cerca», senon que o actual mercado esixe unha labor comercial que busque clientes e negocie condicións. «Senón, veremos como os buques pasan de largo e non reparan nas nosas instalacións», indican, ao tempo que recordar que «este departamento xenera unha media de 600 postos de traballo»
Comisións Obreiras tamén lamenta o «desmantelamento da afamada fábrica de turbinas» e opinan desde o sindicato que «todo rematou cando se converteu nun negocio demasiado lucrativo como para que estivera en mans públicas». A día de hoxe, sinalan, «non ten un equipo comercial e áreas como enxeñería, mecanizado e montaxe non teñen a capacidade necesaria para afrontar traballos de envergadura, obrigando á empresa a rexeitar obras»
Medidas e propostas
Ante este panorama, a sección sindical de CCOO en Navantia considera que urxe adoptar unha serie de medidas, comezando pola incorporación do persoal comprometido no 2019 e a convocatoria dun novo proceso de contratación que cubra tódalas prazas pendentes dos pasados anos.
Ademáis, din desde o sindicato, qué «urxe reducir ao máximo a subcontratación, deixando de ser absolutamente dependentes dunhas auxiliares non sempre competitivas». Neste sentido, propoñen «crear unha bolsa de traballadores eventuais que evite as subcontratacións en áreas que non deberían de ser externalizadas». Tamén demandan impulsar os departamentos de Turbinas e de Reparacións dotandóos de máis medios humáns, tanto técnicos como comerciais.
Por último, CCOO pon o acento na importancia da formación nos centros de FP e na Universidade. «Deben de converterse nunha parte do noso estaleiro, donde se forme unha simbiose beneficiosa para ámbalas dúas partes». Creen os representantes dos traballadores que sen estas receitas «o futuro da factoría será moi incerto nos próximos anos» e por iso piden á dirección da empresa «que de una vez se mostre áxil e apegada as necesidades desta comarca, preparando o noso centro para un reto tan importante coma a construción das fragatas F-110».