O Concello de Pontedeume aprobou nun pleno municipal as obras e investimentos que incluirá no Plan Único 2020 da Deputación da Coruña, cunha achega inicial de 375.063,07 euros.
A principal partida “dedicámola a un compromiso electoral que viña reflectido no noso programa como é a instalación dunha cafetería no paseo marítimo; con isto, dinamizamos a zona, creamos postos de traballo e cubrimos a demanda duns baños públicos, nos que será responsabilidade do concesionario o mantemento dos mesmos”, explicou no pleno o concelleiro de Facenda, Daniel Ríos.
Por outra parte, o concello adicará en torno a 120.000 euros a gasto corrente para cubrir gastos de electricidade, limpeza viaria, recollida de lixo ou diferentes reparacións. “Desta forma, liberamos outras partidas para realizar algunha actuación de saneamento, abastecemento ou outras necesidades que poidan xurdir”, engadiu Ríos.
Haberá tamén obras en catro camiños das parroquias de Boebre (Pilleiro), Nogueirosa (Figueirido), Ombre (Trasmundes) e Andrade (Mantiga), para renovar o seu firme e mellorar a seguridade de vehículos e peóns.
Por último, o concello aconcionará a rúa Valeriano Villanueva, fará obras de extensión da rede de abastecemento e saneamento en Castro-Nogueirosa e procederá á humanización da rúa Firrete.
“Somos un concello saneado económicamente, por iso podemos adicar este tipo de plans a mellorar as infraestruturas e os servizos básicos ou a gasto corrente, non a pagar débedas”, explica o alcalde, Bernardo Fernández.
Discussion about this post