Os bombeiros do Speis de Narón desprazáronse esta mañá, sobre as 10.30 horas, ao polígono das Lagoas, tralo aviso dun particular sobre un posible incendio nunha nave industrial. Á sua chegada comprobaron que se trataba dun conato de incendio no interior dunha nave que se dedica á distribución de bebidas, donde se rexistraron algúns danos materiais.
Os profesionais do Speis extinguiron o foco de lume e a continuación procederon a ventilar as instalacións, moi afectadas polo fume. Na fase final realizaron unha medición de gases e tras comprobar que os valores eran seguros regresaron de novo ao parque de bombeiros do Polígono de Río do Pozo.
Discussion about this post