O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social axudou a preto de 800 familias desde o inicio da crise sanitaria polo Covid-19 a través das becas de comedor e os vales para alimentos e necesidades básicas. En total, destináronse a estes dous servizos máis de 174.000 euros.
Os usuarios do Fogar Infantil da Deputación e as familias con menores escolarizados en centros públicos ou concertados perceptores de beca de comedor recibiron por cada quincena na que os colexios permanezan pechados un vale de 50 euros por neno. Un total de 243 familias se beneficiaron desta beca de comedor desde o inicio da pandemia, por un importe total de 68.220 euros.
Os servizos sociais do Concello tamén repartiron vales para alimentos e necesidades básicas
—produtos de hixiene persoal e limpeza e medicamentos— ás familias que xa os recibian antes da crise sanitaria. Ata o momento, son total de 551 familias as beneficiarias destas axudas por un importe total de 106.000 euros.