O Concello de Narón anunciou a posta en marcha, dende hoxe, dunha serie de medidas encamiñadas a garantir a seguridade cidadá no proceso de desescalada. Unha delas será o peche á circulación rodada dun dos carrís da estrada da Trinchera (FE-11), que permanecerá reservado para o tránsito de peóns, o que permitirá incrementar a seguridade na zona.
Outra das medidas, a aplicar a partir de mañá, é o corte á circulación rodada os sábados e domingos de varios viais localizados no sector IV do polígono de Río do Pozo para fomentar nesa zona a práctica deportiva. Eses cortes viarios estarán debidamente sinalizados.
Ademais, desde o Concello recordan a recomendación de pasear polas beirarrúas do marxe dereito, no sentido da circulación, evitando así que se crucen persoas durante o percorrido e tamén que teñan que baixar ou cambiar de beirarrúa para evitar posibles aglomeracións que poidan favorecer a transmisión da Covid-19
“A Policía Local continuará realizando os controis oportunos para velar polo cumprimento de todas as indicacións vixentes nesta crise sanitaria e iniciarán un plan de control específico para vixiar as zonas con maior afluencia de persoas e evitar aglomeracións e incumprimentos das medidas anunciadas para as sucesivas fases da desescalada”, subliñou a alcaldesa Marián Ferreiro.
Discussion about this post