O Concello das Pontes, co obxectivo de promover a reactivación laboral do municipio, tras o inevitable impacto e a crise derivada polo COVID.19, anunciou hoxe que apostará pola formación dual como ferramenta para impulsar o mercado laboral. O ente municipal ten previsto realizar unha inversión de aproximadamente 700.000 euros en programas de formación dual e formación remunerada.
Ana Pena, responsable da concellería de Industria e Emprego, subliñou que “o investimento que imos a realizar neste paquete formativo é unha inversión na nosa veciñanza, na súa empregabilidade e no aumento da súa competitividade. En anos anteriores, os obradoiros de emprego permitiron a contratación, a través do Concello, durante un ano, de máis de 30 persoas e máis de 80 beneficiarios do Programa Integrado de Emprego conseguiron incorporarse ao mercado laboral, datos que amosan o papel que a formación ten no impulso da inserción laboral”
Nesta liña, o Concello ven de presentar os proxectos de solicitude, á Xunta de Galicia, do Obradoiro Emprego (Eume III) e do Obradoiro de Garantia Xuvenil (Pontes de Emprego IV), un paquete formativo que conta co cofinanciación municipal.
O primeiro é un programa de formación remunerada enfocado na formación de 12 alumnos na área de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, mentres que o segundo permitirá a formación de 12 persoas na área do mantemento e montaxe mecánico de equipos industriais.
Ambos obradoiros permitirá a obtención do certificado de profesionalidade a través dun contrato de formación e docencia para 12 alumnos e 4 docentes durante 9 meses, no caso do primeiro obradoiro, e de 12 meses no obradoiro de garantía xuvenil.
Asemade, o Concello retoma o Plan Integrado das Pontes, iniciado a principios de ano, un programa de formación dual, posto en marcha ao abeiro das subvencións para o emprego da Xunta de Galicia, que conta con 100 beneficiarios.
Discussion about this post