A praza de Armas de Ferrol abrirá ao público este mércores

O últimos traballos poderán realizarse unha vez retirado o valado que impide o tránsito de peóns pola superficie da praza
DSC_2047

A praza de Armas estará lista para a súa apertura ao público nos próximos días. Está previsto que mañá se leven a cabo traballos para compactar a terra arredor dos tilos, uns labores que quedaron pendentes debido á necesidade de que o solo asentase de forma natural antes de poder acometelos. Unha vez finalizados, o novo espazo público estará en condicións para a súa apertura, polo que, de non xurdir ningún imprevisto, o valado que percorre o perímetro podería retirarse o próximo mércores.

Unicamente quedaría pechada unha pequena parte situada ao pé do pazo municipal e próxima á rúa Rubalcava. Nese punto quedan pendentes de colocar varias pezas de granito que están a ser preparadas de forma específica. Debido á complexidade do remate desa pendente, foi necesario crear elementos a medida, cos perfís adecuados para salvar o desnivel de maneira suave.

Ademais, nesa área existen instalacións eléctricas, que aumentaron a complicación do acabado definitivo. Foi necesario agardar a que estivesen asentadas as lousas da explanada ante o Concello e da beirarrúa que baixa pegada ao edificio por Rubalcava para verificar as dimensións exactas e os ángulos destas pezas que se espera que cheguen nos próximos días para que poidan ser colocadas, co que a praza quedaría definitivamente rematada.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.