Odeón reabrirá as súas portas o próximo 25 de mayo cun 30% do aforo

Estableceranse controis de acceso ao centro comercial e as zonas comúns estarán pechadas ao público
odeon-03

O centro comercial Odeón abrirá as súas portas o próximo 25 de maior coincidindo co primeiro día da fase 2. Fontes consultadas por Enfoques explican que tódolos empregados da firma e os traballadores das tendas foron informados onte mesmo desta próxima data de apertura.

Actualmente o centro comercial naronés permanece pechado ao público, tanto o acceso ao recinto como ao parking, aínda que algunhas firmas xa incorporaron a pasada semana a decenas de traballadores as súas tendas para realizar labores loxísticas, principalmente para preparar envíos on-line co stock das tendas.

Aínda que a Xunta de Galicia solicitou ao Goberno central adiantar ao luns 18 a entrada da comunidade na fase 2, a previsión do centro comercial segue fixada para o lunes 25. A partir desa data tódolos locais abrirán as súas portas, pero haberá restriccións.

Ademáis dos protocolos e medidas de seguridade que deban adoptar cada unha das tendas, o propio centro comercial restrinxirá o seu aforo a un 30% do total, que está estimado nunhas 15.000 persoas, polo que deberán establecerse controis de acceso para que non haxa máis de 4.500 persoas ao mesmo tempo no recinto. As zonas de descanso, sofás ou as máquinas de vending estarán pechadas ao público.

 

 

 

Relacionadas