Descenso significativo dos contaxios na área de Ferrol: 20 casos activos menos que onte

Xa son 463 as persoas que superaron o coronavirus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
chuf5

A área sanitaria de Ferrol vén experimentando nas últimas tres semanas unhas cifras significativamente positivas respecto do número de contaxios por Covid e esa tendencia viuse refrendada hoxe cun descenso de persoas no número de casos activos. Según os datos aportados pola Dirección Xeral de Saúde Pública, a área sanitaria conta actualmente con 87 persoas contaxiadas con coronavirus, o que supón que nas últimas 24 horas un total de 20 pacientes recibiron a alta epidemiolóxica.

Dos afectados, só 6 permanecen ingresados no Arquitecto Marcide, 3 de eles na UCI. Ademáis, tamén reduciuse o número de persoas activas en illamento domiciliario, pasando de 98 a 81 casos. Isto significa que xa hai 463 persoas nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que superaron o coronavirus.

Respecto do número de falecidos, tampouco se produciron novos falecementos relacionados co Covid nas últimas horas, polo que o número de vitimas mortais segue sendo de 33 persoas, das cales 3 morreron en centros de maiores e o resto nos hospitais de Ferrol.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.