Denunciado ao propietario dun bar en Ferrol e os cinco clientes que se atopaban no seu interior

O Concello reforzará a vixilancia para que se cumpran estitamente as medidas de seguridade e os protocolos nos negocios
BB13fS5j

A Policía Local de Ferrol denunciou preto da unha da mañá de hoxe ao propietario dun establecemento da cidade e aos cinco clientes que se atopan no seu interior por incumprir o estado de alarma. Estaban consumindo bebidas, carecían de medidas de protección individual e non gardaban a distancia mínima de seguridade.

O dono do local manifestou que se trataba do seu domicilio e que era unha reunión de amigos, e os axentes comprobaron que en dito establecemento non había vivenda algunha e que as consumicións preparábanse na barra do bar. Foron informados de que debía cesar a actividade e antes de saír os clientes aboaron as súas consumicións.

O concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, pediu á cidadanía “responsabilidade e prudencia” e indicou que “seguimos en estado de alarma”, polo que “hai que cumprir coas normas de confinamento establecidas polo Goberno central e extremar a seguridade”.

O edil lembrou que non está permitido consumir no interior dos establecementos e tampouco de pé nas inmediacións do acceso ao local. Incumprir ditas normas supón sancións dun mínimo de 600 euros. Polo ben de todos, dixo o responsable de Seguridade, “pedimos responsabilidade tanto á cidadanía como aos donos dos locais”, e insistiu en que só está permitido utilizar o 50 % das terrazas e mantendo os dous metros de distancia. A Policía Local tivo que facer máis de dez advertencias aclaratorias a locais con respecto a este asunto.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.