Cerdido repartirá máscaras a tódolos veciños e traballadores do municipio

O goberno local xa repartira anteriormente cubrebocas entre os rapaces e os maiores
El-Ayuntamiento-de-Palencia-inicia-hoy-el-reparto-de-40.000-mascarillas-quirúrgicas

O Concello de Cerdido acaba de adquirir un novo pedido de máscaras que empezará a repartir entre tódolos veciños e veciñas sen límite de idade e sen necesidade de ser grupo de risco. Dende o concello, nun primeiro momento, pretendeu atenderse as persoas máis vulnerables como son os nenos aos que se lles entregaron a domicilio máscaras infantís reutilizables, as persoas maiores e as persoas de risco, pero con esta nova entrega pretenden dar cobertura a toda a poboación.

Para solicitar máscaras de protección hai que poñerse en contacto co concello de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas no teléfono 981 41 10 00. Ademais, os propietarios de negocios ou traballadores que non teñan acceso a equipos de protección que no concello poden solicitar máscaras e pantallas.

O Concello tamén puxo a disposición de persoal e pais do Ceip de A Barqueira máscaras e xel hidroalcólico para unha mellor seguridade no proceso de admisión e novas matrículas.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.