Os tres pacientes ingresados na Unidade de Coidados Intensivos do hospital Arquitecto Marcide por Covid-19 deron recibiron xa alta epidemiolóxica tras dar negativo nos últimos test PCR que lles realizaron. Unha noticia positiva, en consonancia co importante descenso do número de casos activos na área sanitaria de Ferrol nas últimas 48 horas.
Según os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública, actualmente son 79 os contaxios activos, o que supón 8 menos que onte e 28 menos que o luns día 11 de maio. Ademais, só 6 doentes se atopan hospitalizados e son 73 os que se atopan en illamento nos seus domicilios pasando a corentena.
Deste xeito, son xa 471 os veciños de Ferrol, Eume e Ortegal que superaron o coronavirus e recibiron xa a alta epidemiolóxica. Tampouco se rexistraron novas mortes nas últimas horas, polo que o número de falecidos relacionados co Covid-19 segue sendo de 33 persoas.