A Xunta avanza ao maior ritmo na ampliación do Hospital de Ferrol, no que inviste 56 millóns de euros, facendo compatibles os traballos co mantemento da actividade sanitaria. A conselleira Infraestruturas e Movilidad, Ethel Vázquez, co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo hoxe unha videoconferencia co equipo responsable destas obras para supervisar o seu avance e as medidas de prevención da saúde a causa do COVID-19.
Este proxecto estratéxico, englobado no Plan Director da Xunta para a área sanitaria de Ferrol, contempla na 1ª fase a remodelación dos hospitais Naval e Arquitecto Marcide e a construción de dous novos edificios anexos ao último, incrementando nun 54% a superficie hospitalaria actual.
Na reunión constatouse que no que se refire á evolución das obras, na actualidade no hospital Arquitecto Marcide, está a avanzarse no reforzo das zapatas dos alicerces e nas demolicións e no hospital Naval, continúan as demolicións e o movemento de terras. Na reunión de hoxe tamén se abordou a planificación prevista para a execución de 220 novas prazas de aparcamento no hospital naval.
Ademais, as obras de ampliación do hospital de Ferrol veranse completadas, leste mesmo verán, coa mellora do firme nos accesos aos hospitais Naval e Marcide e ao Nóvoa Santos. Ethel Vázquez destacou que a intervención, no seu conxunto, supón manter 314 empregos, entre directos e indirectos, durante os tres anos de execución das obras.