Valdoviño instala unha ramapa de acceso na Frouxeira para persoas con mobilidade reducida

A infraestrutura está pegada ás novas prazas de aparcamento executadas fai dúas semanas
TRABALLOS FROUXEIRA3

O Concello de Valdoviño concluiu esta semana as obras de instalación dunha rampa de acceso á praia da Frouxeira. A infraestrutura situouse contigua ás prazas de estacionamento reservado para persoas con mobilidade reducida que se habilitaron a finais do pasado mes de abril nas inmediacións da rotonda de entrada ao areal.

A infraestrutura foi fabricada en madeira tratada, facilitando así o acceso á pasarela de entrada á praia, sobre a que se fixeron tamén correccións para mellorar o tránsito. As tarefas completáronse na zona co acondicionamento da marquesiña do transporte público, sobre a que se aplicou unha capa de barniz.

Relacionadas