As liña de axudas á escolarización de Ferrol repartirán 95 euros por neno no próximo curso

O goberno local presentou hoxe as bases das becas para os comedores escolares por valor de 280.000 euros
200129_E_RodatgeReduccioProteinaAnimalALesEscoles_0082-760x428

A concellería de Benestar Social de Ferrol presentou hoxe os borradores das bases para as axudas á escolarización e das becas de comedor escolar para o próximo curso escolar 2020-2021, que deberán ser aprobadas en pleno. As axudas á escolarización están dirixidas a os menores de idade que residan en Ferrol matriculados nun centro de ensino da cidade para cursar educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional básica ou formación profesional de grao medio.

A contía da axuda ascende a 95 euros por neno, que deberán destinarse á adquisición de material escolar ou roupa deportiva. Con elo, explicaron desde o goberno local, buscan “dar resposta ás necesidades escolares do alumnado cuxas familias manifesten estar a ter dificultades económicas que lles impidan facer fronte aos gastos do inicio dun novo curso”, dixo. O orzamento destinado a estas axudas ascende a 90.000 euros.

A concellería tamén presentou o borrador das bases reguladoras da concesión de becas de comedor escolar para o próximo exercicio escolar. O orzamento destinado a estas becas, que cobren a totalidade do coste das comidas dos escolares, é de 280.000 euros.

 

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.