Nova entrega de material da Xunta a residencias e entidades sociais de Ferrol

O cargamento enviado esta semana pola Administración galega contou con máis de 26.000 unidades de material de protección
20200430_material_01

A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 para a área de Ferrol. Este cargamento, o séptimo, inclúe 7.436 máscaras, 16.280 luvas e 853 traxes antisalpicaduras.

Ademais, os centros sociais de Ferrol tamén recibiron esta semana botes de xel hidroalcohólico e garrafas de 5 litros de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.

Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.