Cabanas acollerá este vernes un obradoiro de parkour

O obradoiro será entre as 17 e as 19 horas na cancha deportiva do Parque do Areal
mas parkour

A área de mocidade do Concello de Cabanas organiza para este venres, 17 de xuño, entre as 17 e as 19 horas, un obradoiro de parkour na cancha deportiva do Parque do Areal.

A actividade está destinada a mozas e mozos a partir dos 12 anos, e nela ensinaranse os principios e movementos desta disciplina. As persoas interesadas en participar deberán anotarse enviando un correo a [email protected] ou chamando ao 981 495 959 -extensión 6-.

 

Campus Concilia Balonmán

A área de deporte colabora co Club de Balonmán de Pontedeume no Campus Concilia Balonmán, unha actividade destinada a nenos e nenas de 6 a 13 anos que se levará a cabo os días 23, 27, 28, 29 e 30 de xuño, en horario de 9:30 a 13:30 horas no Pavillón de San Martiño do Porto.

A actividade será gratuíta, xa que está financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte, e para participar é necesario enviar un correo electrónico a [email protected], indicando nome e apelidos, e data de nacemento da nena ou neno, ademais dun teléfono de contacto.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.