Abertas as inscricións no I Concurso Eco EsCultura de Valdoviño

As obras deben realizarse a partir dos residuos retirados na Xuntanza de Limpeza Ambiental organizada o pasado sábado polo Océano Surf Museo
Imagen de archivo de una actividad de limpieza en A Frouxeira | Concello de Valdoviño
Imagen de archivo de una actividad de limpieza en A Frouxeira | Concello de Valdoviño

 O Concello de Valdoviño vén de convocar o I Concurso Eco-EsCultura. O certame desenvolverase o 2 de xullo na contorna do parque da praia da Frouxeira entre as 11 e as 19 horas, e a creación da escultura deberá realizarse nesa franxa temporal, polo que o público poderá achegarse ao proceso creativo dos participantes, que tomarán como base das súas obras os residuos recollidos esta fin de semana na I Xuntanza Interxeracional de Limpeza Ambiental de praias. Iso si, poderase aportar material adicional e procedente de reciclaxe trala revisión da organización. Deste xeito, as persoas interesadas en participar poden anotarse -ata o 30 de xuño-, cubrindo o seguinte formulario.

Poden participar todas as persoas físicas, de xeito individual ou conformando grupos, e só se permite unha escultura por persoa ou equipo. A temática será libre, e o xurado valorará a creatividade, orixinalidade e valor estético e artístico. Todas as persoas participantes recibirán un eco-lapis plantable, e concederase un premio de 100 euros nun vale canxeable no comercio e hostalería locais -a entrega terá lugar o mesmo 2 de xullo ás 20:30 horas-. 

Esta acción enmárcase no programa deseñado polo departamento de Cultura e o Océano Surf Museo para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente e o Día Mundial dos Océanos.  Calquera consulta pode realizarse a través do correo [email protected], presencialmente na Casa da Cultura ou nos teléfonos 981 48 76 66 e 645 305 229 (de luns a venres de 10 a 14 h). 

As bases do concurso están dispoñibles na web municipal.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.