Os campamentos Conciliamos Xogando arrancarán o 1 de xullo en Neda con 89 nenos

A listaxe de solicitudes admitidas, publicada esta mañá, pode consultarse na web municipal
neda

Os campamentos de verán Conciliamos Xogando arrancarán o vindeiro venres 1 de xullo coa participación de 89 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Esta mañá, o Concello de Neda publicaba a listaxe de solicitudes admitidas no periodo de inscrición neste recurso de conciliación, gratuíto para as familias. Así, todas as solicitudes presentadas que cumprían os requisitos foron aceptadas, xa que as prazas ofertadas eran 90. Ademais, aqueles nenos e nenas non empadroados, pero nos casos nos que se xustificou que durante o mes de xullo quedaban a cargo dos avós ou avoas residentes en Neda, tamén accederán ao programa.

Celebrarase ao longo de todo o mes de xullo, de luns a venres e en horario de 8:45 a 13:45 horas, nas instalacións do CEIP San Isidro. Nesa franxa temporal, participarán en obradoiros e actividades lúdicas e didácticas, tentando fomentar aquelas no exterior.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.