A escola infantil de Ortigueira recibe material de protección do Concello de cara a súa volta

O equipamento consiste en máscaras, guantes, dispensadores de xel hidroalcohólico e pantallas
escola-infantil-de-ortigueira_img201190t0

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, informou hoxe do envío de material de protección sanitaria por parte do Concello á escola infantil Galiña Azul do municipio para que poida traballar na preparación da reapertura, xa que aínda non recibiu equipamento algún por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta, ao que corresponde a Xestión destes centros.

Tal e como se fixo hai uns días coa Asociación de Comercio e Hostelería Ortegana, á que tamén se entregou este tipo de material, o goberno local «trata de garantir que as actividades que se están reanudando poidan facelo con todas as garantías», explicaron desde o Concello.

Á Escola Infantil entréganselle máscaras, guantes e dispensadores de xel hidroalcohólico así como
pantallas de protección para o persoal. Deste xeito os traballadores e traballadoras teñen xa equipación
para preparar a volta dos pequenos.

O alcalde comunicou ao equipo directivo que se necesitan máis material poden solicitalo como un servizo municipal máis, xa que o goberno está á súa disposición para “axudar en todo o que poidamos”.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.