A Concellería de Servizos Sociais de Mugardos iniciou no día de hoxe o repartode cubrebocas reutilizables entre a veciñanza. Un material que foi confeccionado por máis de 40 voluntarios e voluntarias durante as últimas semanas. Trátase de cubrebocas reutilizables de diferentes tamaños segundo a idade, e que as persoas interesadas deben solicitar no propio concello. Unha vez solicitados, recibiranse no domicilio de xeito totalmente gratuíto.
O Concello habilitou un correo electrónico para que se fagan as solicitudes e esta é a canle prioritaria. Os interesados e interesadas deberán enviar o correo a [email protected] indicando a súa dirección, e número de adultos menores de 70 anos e número de neno (coa as súas idades) que hai no domicilio. Aqueles que non poidan enviar un correo electrónico, deberán chamar ao 981 470 338 (extensión #2028) de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
Discussion about this post