A Deputación financia a renovación da cuberta do CEIP O Marbán de As Somozas

As obras, en fase de licitación, supoñen un investimento de 55.493,95 euros
ceip-igrexa_img108145t0m0w1600h800

A Deputación da Coruña financiará a substitución da cuberta e o lucernario do CEIP O Marbán, no Concello de As Somozas. As obras, en licitación ata o 25 de maio, contan cun orzamento de 55.493,95 euros, achegados íntegramente pola institución provincial a través do Plan Único (POS+2019), e permitirán eliminar as goteiras e filtracións de auga que afectan ao interior deste centro escolar.

A cuberta actual será levantada e substituida por unha nova que permita unha correcta impermeabilización do inmoble. Tamén se substituirá o lucernario, que se atopa nun estado de deterioro importante, por un novo con estrutura de aluminio anodizado e policarbonato de 16 mm de espesor.

Aproveitaranse as obras para levar a cabo a limpeza e impermeabilización do canalón de fábrica existente. O prazo de execución é de un mes a partir do inicio dos traballos, polo que se prevé que a obra poda estar rematada para o inicio do vindeiro curso escolar.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.