A área sanitaria de Ferrol rexistrou nas últimas 24 horas un leve descenso do número de afectados polo coronavirus. Según os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública, son 29 os casos activos a día de hoxe, dous menos que onte. Isto coloca á área de Ferrol coa menor porcentaxe de contaxios por 100.000 habitantes de toda Galicia, cunha taxa de 15,2. A de Lugo con 21,7 é a segunda con menos afectados, seguida da de Pontevedra-O Salnés, cunha taxa de 24; a de Compostela con 39.1; a de A Coruña, con 51,4; a de Vigo, con 58,1 e a de Ourense con 61,4.
Os datos da Consellería de Sanidade tamén arroxan un lixeiro aumento das hospitalizacións no CHUF nos últimos días, pasando de 2 a 4 o número de ingresados por Covid-19. Isto significa que hai 25 casos activos que atópanse nos seus domicilios en illamento e baixo control telefónico.
A día de hoxe son xa 540 o número de veciñas das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que superaron o virus e recibiron a alta epidemiolóxica. O número de falecidos non variou desde o pasado día 9 de maio, polo que seguen sendo 33 as vítimas mortais relacionadas co Covid-19, entre os que morreron nas residnecias de maiores (3) e nos centros hospitalarios (30).