Á venda as entradas para a XXX Festa do Polbo de Mugardos

Poderanse adquirir na avenida do Mar número 1, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas desde hoxe e ata o venres día 8 de xulllo
Imaxe de archivo da Festa do Polbo de Mugardos
Imaxe de archivo da Festa do Polbo de Mugardos

A XXX Festa do Polbo de Mugardos deu xa o pistolezado de saída co inicio da venda das entradas para a degustación do polbo e a empanada na carpa municipal. Os interesados poden adquirir as entradas presencialmente na oficina de venda, situada no baixo da avenida do Mar número 1, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas desde hoxe e ata o venres día 8 de xulllo. O sábado, día da festa, a oficina estará aberta en horario ininterrumpido desde as 10:00 horas e ata as 21:00 horas.

O prezo da ración de polbo (que inclúe pan e viño) é de 10 euros, e a ración de empanada de polbo serán 2 euros. A carpa estará aberta en horario continuado desde as 13:00 ata as 22:00 horas e dividida en dúas zonas, e como gran novidade este ano, o acceso á carpa farase por quendas, cun aforo máximo de 325 persoas por zona en cada unha delas.

Cada quenda terá unha duración de unha hora, durante a cal as persoas que accedan a ela (as que teñan entrada para esa quenda), poderán entrar, recoller as racións adquiridas previamente na oficina de venta e degustalas no interior da carpa na zona asignada se así o desexan. Polo tanto, as persoas deberán adquirir as entradas para o horario que máis lles interese, e a venda de cada quenda pecharase no momento que se alcance o aforo máximo de 325 persoas.

A zona 1 iniciará as súas quendas ás 13:00, ás 14:30, ás 16:00, ás 17:30, ás 19:00 e ás 20:30 horas, e a zona 2 iniciará as súas ás 13:30, ás 15:00, ás 16:30, ás 18:00, ás 19:30, e ás 21:00 horas. Cada rolda dura unha hora na que os comensais poden degustar o polbo, a empanada e o viño, e media hora para a limpeza da zona de cara ao acceso á carpa da seguinte quenda.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.