Ortigueira adía o pagamento do imposto de rodaxe e do lixo ata o 1 de setembro

Amplíase o periodo de prazo voluntario para aqueles que non teñan domiciliado esta taxa municipal
impuesto-circulacion-2018

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, dictou un bando no que se establece o período de ingreso voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica deste ano e a primeira cota da tasa de recollida de lixo, que se poderán pagar ata o vindeiro 1 de setembro, incluído.

O concello recomenda domiciliar o pago para maior comodidade dos contribuíntes. Os documentos de ingreso para quen non teñan domiciliado o cobro enviaranse ás súas casas, pero aínda que non os reciban teñen que realizar igualmente o pagamento. Nestes casos deberán poñerse en contacto cos Servizos Tributarios da Deputación a través de correo electrónico (atenció[email protected]) ou mediante chamada telefónica gratuita (900 132 204). Tamén poderán facer xestións e consultas a través da Oficina Virtual Tributaria ou na Sede Electrónica da Deputación

Os documentos que se envían aos domicilios teñen importes diferenciados segundo se o pago se realiza en período voluntario (ata o 1 de setembro incluido) ou no último prazo, do 2 ao 15 de setembro, neste caso cun recargo do 5%. Para os contribuíntes que teñen domiciliado o cobro, este pasarase o día 31 de xullo. O prazo para devolución de cargos indebidos a través das entidades bancarias pechará o 25 de setembro. A partir desta data haberá que dirixir a reclamación á Deputación Provincial.

Relacionadas