Adxudicas as obras de mellora da seguridade do cruce de Landoi, en Cariño

O proxecto, no que a Deputación inviste 379.000 euros, inclúe a modificación do trazado da estrada de Landoi para aumentar a visibilidade na intersección
Arquivo - Visita á zona do presidente e o alcalde de Cariño, xunto con técnicos do servizo de Vías e Obras da Deputación
Arquivo - Visita á zona do presidente e o alcalde de Cariño, xunto con técnicos do servizo de Vías e Obras da Deputación

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 379.062 euros as obras mellora da seguridade na intersección das estradas provinciais DP-6121 e DP-6119, que da acceso a Landoi, no Concello de Cariño. As obras, que comezarán este verán, eliminarán un punto perigoso da rede provincial de estradas e mellorarán a seguridade viaria no citado cruce, que dá acceso á parroquia de Landoi desde a estrada de Mera a Cariño, unha zona na que actualmente existe unha escasa visibilidade.

O ano pasado, o presidente Valentín González Formoso fixo unha visita á zona xunto ao alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, que trasladou ao presidente e ao equipo de Vías e Obras da Deputación a necesidade urxente de actuar na zona, debido ao perigo de accidentes que supón.

Para eliminar estre problema, as obras incluirán, por unha banda, a modificación do trazado da estrada de Landoi (DP-6119) para aumentar o radio de xiro da manobra de incorporación á vía de Mera a Cariño gañando así visibilidade e, pola outra, a creación na vía de Mera a Cariño (DP-6121) dun carril central de espera e o desdobramento do esquerdo para facilitar as incorporacións a Landoi.

As obras inclúen tamén a creación neste punto dunha área de descanso con vistas á ría e habilitará unha zona de xiro para que os vehículos que circulan pola estrada xeral poidan realizar cambios de sentido.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.