O GES de Mugardos dispón dunha cámara térmica para incendios

Poderán detectar focos e incluso a presenza dalgunha persoa
Nueva cámara térmica del GES de Mugardos
Nueva cámara térmica del GES de Mugardos

O Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Mugardos conta desde hoxe cunha nova cámara térmica para o equipo de Emerxencias, que permitirá detectar puntos de calor no interior dos incendios.

O instrumental xa está operativo posto que os membros do GES están formados no seu funcionamento, e resulta de enorme utilidade cando durante unha intervención os equipos de emerxencia non dispoñan de visibilidade a causa do lume, xa que coa cámara térmica poderán detectar focos e incluso a presenza dalgunha persoa.

Trátase dunha cámara termográfica manual de calidade profesional da marca FLIR, que permitirá atopar problemas ocultos nos lumes por falta de visibilidade, trasladando medicións de temperatura precisas, coa que os membros do GES poderán tomar decisións en situacións de risco con máis información.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.