Endurécese a folga do lixo en Valdoviño: A CIG acusa á empresa de esquirolaxe

O Concello condeou os actos vandálicos acontecidos ao longo das últimas xornadas
Estado actual do lixo nalgunhas parroquias de Valdoviño
Estado actual do lixo nalgunhas parroquias de Valdoviño

Os traballadores e traballadoras da recollida do lixo do Concello de Valdoviño están secundando unha folga para exixir das empresa concesionaria, FCC Medio Ambiente, que cumpra os pregos e respecte os dereitos laborais. O persoal non descarta iniciar unha folga indefinida no mes de agosto. A CIG-Servizos denunciou as presións que recibiron «tanto o delegado de persoal como o resto de compañeiros e compañeiras por parte da empresa, chegando incluso a ser ameazados con abrirlles expediente por participar da folga».

Pola súa banda, o Concello de Valdoviño condeou os actos vandálicos acontecidos ao longo das últimas xornadas e lamenta as molestias que ocasionou no conxunto da veciñanza. Colectores rotos, residuos esparcidos, neumáticos e lunas de vehículos danados foron algúns dos danos ocasionados

Por último, CIG-Servizos adiante que vai presentar denuncias contra a empresa Fomento Medio Ambiente ante a Inspección de Traballo por esquirolaxe e incumprimento da normativa laboral, tanto por facer dúas contratacións para cubrir ao persoal que participa na folga, como por modificar as quendas e horarios de traballo. «Estas prácticas mafiosas da empresa incluso chegaron ao punto de obrigar o persoal eventual a iniciar a xornada laboral fóra do seu centro de traballo, incumprindo así coa lexislación laboral establecida».

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.