Adeus ao soño do Baxi Ferrol de disputar o playoff de ascenso

A FEB dá por concluída a tempada e non haberá máis competicións en ningunha categoría, polo que só ascenderán os primeiros clasificados de cada grupo
DSC_0243

A Federación Española de Baloncesto decidiu onte que non se celebrará a fase de ascenso de Liga Feminina 2 a Liga Feminina, rompendo así as esperanzas do Baxi Ferrol de poder loitar polo ascenso á máxima categoría do baloncesto feminino. As ferrolás ían segundas cando se disputou a última xornada antes do parón pola crise do Covid, o que, en condicións normais, aseguroulles poder xogar o playoff de ascenso.

Con todo, a Comisión Delegada da Federación Española de Baloncesto determinou pasadas as oito da tarde de onte a imposibilidade de celebrar as Fases de Ascenso en LEB Oro, LEB Prata e Liga Feminina 2 ao non poder garantirse as medidas sanitarias establecidas no protocolo sanitario elaborado pola FEB nin o principio de competición en igualdade de condicións e, en consecuencia, dá por finalizada a Tempada 2019/20 en todas elas.

Deste xeito, na liga Feminina 2 ascenden a Liga Feminina Endesa o primeiro clasificado do grupo Liga Regular ‘A’ e o primeiro clasificado do grupo Liga Regular ‘ B’ a data da última xornada disputada (8 de marzo de 2020): Movistar Estudiantes e Snatt’ s Femení Sant Adrià.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.