A iniciativa ‘Mineirais contra o cancro’ estudará os beneficios dos microminerais en pacientes oncolóxicos

O Concello de Lugo presentou esta mañá o convenio de colaboración que a USC asinará con 65 municipios da provincia
Presentación del convenio esta mañana | Concello de Lugo
Presentación del convenio esta mañana | Concello de Lugo

Lugo colaborará na investigación dos beneficios dos microminerais en pacientes oncolóxicos. A alcaldesa, Lara Méndez, participou este martes na presentación do convenio de colaboración que a USC asinará con 65 concellos da provincia para apoiar a iniciativa ‘Minerais contra o canro’, entre os que se atopa o municipio lucense.

O obxectivo deste proxecto, baixo o título específico de Intervalos de referencia de microminerais esenciais e tóxicos na poboación da provincia de Lugo, é coñecer o papel dos minerais na incidencia de determinados tumores e valorar o seu uso como complemento nos tratamentos de quimio e radioterapia, para mellorar a calidade de vida e o prognóstico dos pacientes. O proxecto está a cargo dun equipo multidisciplinar integrado por persoal investigador das Facultades de Veterinaria e Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela -USC- e o Hospital Universitario Lucus Augusti -HULA- de Lugo.

Este equipo, coordinado pola profesora Dra. Marta López Alonso, investigadora principal do Grupo de Investigación ImedA, e do que forman parte os profesores Marta Miranda Castañón e Víctor Pereira Lestayo, conta cunha larga traxectoria internacional no estudo dos efectos de minerais tóxicos e esenciais sobre a saúde animal, humana e medioambiental.

O convenio asinado establece un marco de colaboración entre os concellos da provincia de Lugo e a USC que permitirá a recollida de mostras de sangue e posterior determinación analítica dos niveis de minerais das persoas que estean interesadas en participar no proxecto de investigación, asumindo os concellos os custes derivados da
toma de mostras, preparación e análise das mesmas.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.