A Área Sanitaria de Ferrol conta dende hoxe cun espazo propio na rede. Segue a liña das publicacións web do Servizo Galego de Saúde, e crea o su espazo propio: https://ferrol.sergas.gal. Cunha soa ollada, pódese acceder á información básica sobre os centros de saúde e o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol que conforman a Área Sanitaria de Ferrol. Tamén dá conta da carteira de servizos, e ofrece sobre plano a distribución das distintas especialidades hospitalarias.
Nun primeiro nivel, accédese ademais nos carruseis a imaxes e enlaces directamente relacionados coa área sanitaria ferrolá; cun espazo destinado a docencia, para que dende calquera lugar podan coñecer as vantaxes de vir a se formar nesta área sanitaria; e, igualmente, ofrécese un enlace directo ó portal de información individual para a saúde máis completo en Galicia, É-saúde, con información xeral sobre ó mesmo.
Bloques temáticos
Ó afondar, pódese acceder ós contidos en grandes bloques temáticos: A nosa organización, Asistencia, Docencia e Formación Continuada, Emprego Público, Información para a miña saúde e Investigación e Innovación. No caso de A nosa Organización, ofrece un perfil de quen somos, o organigrama, perfil do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e dos centros de saúde, cuestións clave para a organización como a calidade, a seguridade e a Humanización, a nosa Misión, Visión e Valores, como contactar, e un espazo especial para o Consello Asesor de Pacientes.
O tema Asistencia reúne cuestións que poden ser de interese relacionadas coa mesma, como atención ó paciente, doazón, cambio de médico, carteira de servizos, historial farmacoterapéutico, guía de protección de datos, informes de alta, rexistro do recentemente nado, segunda opinión médica ou instrucións previas. O bloque Docencia e Formación Continuada dá unha visión xeral do que calquera que decida formarse nesta área ten á súa disposición, facilitándolle xa a través do portal os documentos e referencias necesarias para a docencia pregrao, a formación sanitaria especializada, a formación continuada, as prácticas, e a investigación.
Emprego Público conecta directamente co portal do Sergas que aglutina as Ofertas Públicas de Emprego. Dáselle a posibilidade tamén ó traballador da Área de acceder directamente ó portal de información do profesional Fides. O apartado Información para a miña saúde recolle aplicacións e páxinas útiles, programas de cribado, os dereitos e deberes, e remite a portais de calidade no eido das vacinas e as dietas, por exemplo. Por último, Investigación e Innovación, dá conta da Fundación Novoa Santos e do nodo de innovación, un grupo de traballo para dar cabida ás novas ideas que beneficien a investigación e o traballo en rede na área sanitaria ferrolá.
Discussion about this post