O Concello de Pontedeume celebra de novo este ano a Festa das Parroquias, tras dous anos de parón obrigado pola pandemia de coronavirus.
Nesta ocasión, será o día 27 de agosto na pista deportiva de Andrade e, como é habitual, haberá autobuses gratuítos para asistir á festa con saída de cada parroquia ás 13:30 horas.
Ademais da comida, haberá un sorteo de productos cedidos polo comercio local, unha actuación musical e inchables para nenos e nenas. O campo estará cuberto cunha carpa e a festa disporá de asistencia sanitaria.
“Despois da pandemia, recuperamos este lugar de encontro para os veciños e veciñas de todas as parroquias, unha festa para compartir bos momentos e pasar unha boa xornada”, asegura Manuela García, concelleira de Parroquias de Pontedeume.
O prazo de inscrición remata o 20 de agosto no rexistro do concello, no teléfono 981 433 054 ou a través da asociación veciñal de cada parroquia.
Discussion about this post