O Castelo de Vimianzo acolle un obradoiro sobre o arte de repenicar os palillos

A actividade enmárcase na programación de Artesanía en Vivo, que continuará este sábado co obradoiro "Tecendo o liño"
O obradoiro sobre o arte de repenicar os palillos | CONCELLO DE VIMIANZO
O obradoiro sobre o arte de repenicar os palillos | CONCELLO DE VIMIANZO

As instalacións do Castelo de Vimianzo acolleron este pasado sábado desde as 17:00 horas o obradoiro ‘Panillada’, impartido pola Asociación de Palilleiras «As Nemanquiñas». Nesta actividade, enmarcada na programación de Artesanía en Vivo que desenvolve o Concello durante este verán, as persoas asistentes puideron aprender a arte de repenicar os palillos.

Dende o Goberno local amósanse «moi satisfeitos» coa boa acollida que tiveron todos os talleres desenvoltos durante o mes de xullo, que se organizaron pensando en ofrecer «unha alternativa de ocio e lúdica diferente, aproveitando as instalacións do noso maxestuoso Castelo».

Animan tamén a toda a veciñanza a que “siga participando en todas as actividades proxectadas durante o verán xa que son un reforzo importante para seguir coidando da nosa cultura”. A próxima cita será o sábado 6 de agosto ás 11:00 horas co obradoiro «Tecendo o liño» da Asociación de Veciños «O Santiaguiño de Carreira». As inscricións podense formalizar a través da páxina web municipal.

O domingo tamén se celebraba unha nova visita teatralizada á fortaleza soneirá cos Quinquilláns. Houbo dous pases, ás 12:30 e ás 17:00 horas.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.