Detidos dous veciños de Valdoviño con 12 quilos de percebe ilegal

Os presuntos furtivos foron soprendidos pola Garda Civil no Fuciño do Porco, preto do Vicedo
percebes-27-5-a

Dous veciños de Valdoviño foron detidos como supostos autores dos delitos de desobediencia e resistencia a axentes da autoridade e contra os recursos naturais. Os homes foron sorprendidos polas forzas do orden con12 quilos de percebe e os útiles con que realizaban a captura destes crustáceos de maneira ilegal.

Os presuntos furtivos foron interceptados pola Garda Civil en O Fuciño do Porco, no Vicedo, unha zona á que só se pode acceder a pé. O marisco incautado entregouse a un centro benéfico de Viveiro e os dous detidas foron postos a disposición xudicial.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.