Volve o programa de rutas guiadas ‘Descubrindo Neda’

O Concello organiza saídas todos os mércores de agosto e setembro, comenzando pola fervenza do Belelle
El río Belelle
El río Belelle

O Concello de Neda volve a apostar polo programa de rutas guiadas “Descubrindo Neda” para dar a coñecer o patrimonio histórico, cultural e natural da localidade. Celebraranse durante todos os mércores do mes de agosto e setembro, en horario de tarde e participación gratuíta, guiadas pola técnica de Turismo Victoria Fornos. Así, as rutas arrancarán este mesmo mércores coa Fervenza como destino.

O punto de encontro, ás 18 horas, será o Pazo de Isabel II, e a duración do itinerario, de dificultade baixa, é de dúas ou dúas horas e media, segundo o ritmo que se marque. As prazas están limitadas a 20, polo que é preciso realizar inscrición previa no teléfono do Albergue 682 623 335 (de 12:00 a 19:00 horas) ou correo marí[email protected] entre hoxe e mañá -ou ata completar aforo-.

O calendario do programa continuará o 17 de agosto coa Ruta do Pazo da Mercé; o 31 de agosto e 7 de setembro coa Ruta dos Muíños do Río Belelle; o 14 de setembro coa Ruta de Anca; 21 de setembro coa Ruta ao Casco Histórico de Neda, e o 28 de setembro coa Ruta ao Monte de Ancos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.