A Deputación reabre as visitas ao monasteiro de Caaveiro co dobre de autobuses

Se permitirá como máximo a estancia de 30 persoas no interior do mosteiro, 15 con visita guiada e 15 de maneira libre
tg_carrusel_cabecera_grande (8)

A Deputación da Coruña reabriu onte as visitas ao monumento que preside o parque natural das Fragas do Eume, o monasterio de Caaveiro. Os alcaldes da Capela, Manuel Meizoso, de Cabanas, Carlos Ladra e de Monfero, Andrés Feal, e as concelleiras de Turismo das Pontes, Elena López e a de Pontedeume, Yolanda Vázquez, xunto co xefe de servizo de Contratación e Patrimonio, Luís Jaime Rodríguez, participaron na mañá deste mércores na xuntanza para a coordinación das actuacións e protocolos de prevención e seguridade para a apertura este mesmo venres do mosteiro de Caaveiro.

Entre outros temas abordáronse as medidas que se aplicarán para a apertura do ben monumental entre as que destacan a limitación do aforo, polo que se permitirá como máximo a estancia de 30 persoas no interior do mosteiro, 15 con visita guiada e 15 de maneira libre. A Deputación da Coruña duplicará tamén o servizo de autobuses de acceso a Caaveiro para cumprir as medidas de distanciamento e a prevención de contaxio, regulando a frecuencia das rutas de maneira que non se produzan aglomeracións na entrada do mosteiro.

Neste sentido, aumentaríanse tamén as visitas guiadas ao monumento. Ademais, o uso da máscara será obrigada no interior e as instalacións estarán sinalizadas coas indicacións sanitarias pertinentes para cumprir os protocolos de seguridade como distancia interpersoal, limitacións de persoas nas distintas estancias ou rutas para garantir a seguridade. As visitas atoparán aberta a cafetería das instalacións nas que tamén estarán á disposición para a venda máscaras por se alguén chega ao monumento sen ela.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.