San Sadurniño estuda ofrecer un servizo de canguros para familias que xustifiquen non ter outra maneira de conciliar

Desde o Concello urxen á Xunta de Galicia á reapertura da EIM a Rolada
César Galdo
César Galdo

O Concello de San Sadurniño está estudando fórmulas para favorecer a conciliación de aquelas familias que non teñan a posibilidade de deixar aos seus fillos ao cargo dun familiar durante o verán. De momento non hai data para a reapertura da EIM A Rolada, posto que a Xunta de Galicia aínda non trasladou os protocolos preventivos que se deberán seguir no centro, a pesar de que hai polo menos dez familias que cumpren o requisito de non ter outra maneira de conciliar e que precisan con urxencia a reactivación do servizo ou unha solución alternativa.

En canto aos programas específicos para o verán, o Concello estuda poñer en marcha opcións adaptadas ás actuais circunstancias, como un servizo de canguros para familias que non teñan maneira de compatibilizar familia e traballo ou actividades socioeducativas con aforo reducido.  O Concello solicitou aos pais que poidan encontrarse nestas circunstancias que envíen un correo indicando cales son as súas necesidades concretas a [email protected] ou que contacten directamente co departamento de Igualdade no 981 490 027 extensión 1.

No momento actual, atendendo á situación provocada polo impacto da COVID-19, desde a área de Igualdade «mantense o compromiso de continuar apoiando a conciliación, pero propoñendo de maneira excepcional para este momento novas alternativas que atendan as necesidades das familias e o cumprimento das medidas de prevención. Estes servizos «alternativos e puntuais» só poderán acceder as familias que acrediten que os dous membros -ou o membro, se é monoparental- están traballando e que non teñen outra opción da que botar man para conciliar.

 

Relacionadas