A área de Ferrol reduciu nun 87% o número de casos activos por coronavirus no último mes

Actualmente son 21 os contaxiados rexistrados nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e só dous doentes con Covid-19 permanecen hospitalizados
92456522_2883321901763946_5679398674711445504_o (1)

A área de Ferrol continúa a súa tendencia á baixa respecto do número de casos activos por coronavirus. Foi o 29 do pasado mes de abril cando o Sergas empezou a contabilizar o número de doentes recuperados e, ao mesmo tempo, rexistrou por primeira vez os casos activos reais -ata ese momento só se contabilizaban o total de casos diagnosticados-. Nese primer rexistro había 159 casos activos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e hoxe, un mes máis tarde, son 21.

Isto supón que a área sanitaria logrou reducir nun 87% o número de contaxios en apenas 30 días. Ademáis, dos actuais contaxiados só dous permanecen hospitalizados no Arquitecto Marcide, mentres que os restantes 19 doentes con Covid están en illamento nos seus domicilios.

Neste último mes tamén aumentou o número de doentes curados; aqueles que lograron superar o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica. Se o 29 de abril eran 352 hoxe son 558. O que non variou significativamente foi o número de falecidos, que permanece en 33 vítimas mortais desde o pasado 9 de abril. Son xa 20 días sen novos falecementos relacionados co coronavirus na área sanitaria de Ferrol.

 

 

Relacionadas