Tanxugueiras porán mañá o broche ás festas de Cedeira

Mañá mércores, último día de festexos, estará protagonizado pola tradicional Xira, que se desenvolverá durante todo o día na contorna da ermida de Santo Antón do Corveiro
A cita de Tanxugueiras co público de Cedeira espérase ás 23.00 horas deste mércores no escenario da Praza Roxa
A cita de Tanxugueiras co público de Cedeira espérase ás 23.00 horas deste mércores no escenario da Praza Roxa

As festas de Cedeira encaran a súa recta final, nas xornadas de hoxe a mañá, cun programa repleto de actividades e no que aínda queda moita música. A procesión marítima que seguiría esta mañá á misa tivo que ser suspendida por mor da climatoloxía, porén desde o Concello agardan que a maior parte dos actos previstos poidan ter lugar sen grandes cambios.

Debido a previsión de choiva modificarase a ubicación do espectáculo de danza previsto para esta tarde, a peza “Sofá” da coreógrafa e bailarina Marta Alonso Tejada. Estaba prevista a súa celebración na praza do Floreal, pero o Concello vai avaliar coa produtora levala ao Auditorio ou ao Polideportivo. Informarase da decisión a través do servizo de mensaxería instantánea Cedeira Informa –para recibir as mensaxes desta canle hai que gardar en contactos o número 604 02 42 66 e enviar a palabra “alta”-.

Tamén ten previsto o Concello instalar unha carpa na Praza Roxa, na que actuará a Mekánika Rolling Band, o grupo que inicialmente ía realizar un pasarrúas a partir das nove da noite. Está previsto manter nese lugar os concertos desta noite: Ás 22.30 horas tocarán Garufa Blue Devils Big Band, unha orquesta tributo dos grandes clásicos dos anos 30 e 40, e ás 00.30 horas o escenario acollerá ao grupo de rock e soul Broken Peach.

Mañá mércores, último día de festexos e xornada na que se prevé unha melloría do tempo, estará protagonizado pola tradicional Xira, que se desenvolverá durante todo o día na contorna da ermida de Santo Antón do Corveiro e que será, como sempre, unha ocasión para compartir tempo e viandas con veciños, amizades e familia.

O broche de ouro chegará pola noite coa actuación máis esperada do cartel, o concerto de Tanxugueiras. Este trío de pandereteiras gañou o favor do público galego e nacional tras a súa soada candidatura para o Festival de Eurovisión con “Terra”, canción que ocupou varias semanas as listas de éxitos do país e que marcou o inicio dunha ampla axenda de concertos. A parada da súa xira na vila de Cedeira espérase ás 23.00 horas deste mércores no escenario da Praza Roxa.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.